Monday 13 de May de 2024

Buses nocturnos para as festas de Lorbé o xoves e o venres


A petición do Concello, para facilitar unha mobilidade segura, a empresa Alsa prestará servizo de autobús nocturno nas Festas de Lorbé, as noites do xoves 3 e o venres 4 de agosto. O bus partirá ás 3:30 horas da parada do Restaurante A Escola, e o itinerario será o da liña regular, con chegada a Entrexardíns.

O Concello solicitou un reforzamento do servizo previsto inicialmente para ambas noites, para que teña capacidade suficiente para atender a demanda de viaxeiros. Tamén se demandou a conexión con todas as parroquias do municipio, pero esa segunda petición foi desatendida.

O autobús nocturno é unha ferramenta importante de prevención da seguridade viaria. A concentración de persoas nos eventos festivos permiten ofrecer á cidadanía, especialmente á mocidade, este servizo complementario para o ocio de verán.

Ademais de en Lorbé, haberá buses nocturnos nas festas de Santa Cruz e Perillo, os días que se prevé maior afluencia.